Podes acceder a xogos interactivos relacionados con Psicomotricidade.
Xogos interactivos
Este blogue foi creado para transmitir ás familias o traballo que realizamos na Escola en relación coa Psicomotricidade.
viernes, 8 de abril de 2011
Cancións motrices
http://www.educacionfisicaenprimaria.es/canciones-motrices.html
Preme no enlace e poderás acceder a unha páxina con cancións para cantar e bailar.
Preme no enlace e poderás acceder a unha páxina con cancións para cantar e bailar.
lunes, 7 de febrero de 2011
jueves, 2 de diciembre de 2010
miércoles, 24 de noviembre de 2010
QUE TRABALLAMOS EN PSICOMOTRICIDADE?
A psicomotricidade pretende desenvolver, a partir do corpo e do movemento, as posibilidades motrices, expresivas e creativas dos nenos e das nenas.
Por medio dela, favorécese a comunicación, o coñecemento e a creatividade. Ademais, potencia o diálogo do neno ou da nena consigo mesmo e axúdao a conseguir determinadas aprendizaxes escolares...
A educación psicomotriz constitúe a base de numerosas aprendizaxes escolares, favorece o desenvolvemento da percepción temporal e espacial, o desenvolvemento da simbolización e a aprendizaxe da lectoescritura.
Por medio da psicomotricidade preténdese que o alumnado adquira:
- o coñecemento do propio corpo
- o dominio do equilibrio
- o control e a eficacia das coordinacións globais e segmentarias
- o control da inhibición voluntaria e da respiración
- a organización do esquema corporal
- a orientación espacial
- unha axeitada estruturación espazo-temporal...
Existen moitos conceptos abstractos que os nenos e as nenas deben aprender: as nocións espaciais, as nocións temporais, os cuantificadores, as formas, as figuras xeométricas…, a mellor maneira de aprendelos é, entre outras estratexias, a experiencia e a vivencia co propio corpo.
APRENDAMOS XOGANDO!!!!!
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

