miércoles, 24 de noviembre de 2010

QUE TRABALLAMOS EN PSICOMOTRICIDADE?

A psicomotricidade pretende desenvolver, a partir do corpo e do movemento, as posibilidades motrices, expresivas e creativas dos nenos e das nenas.
 Por medio dela, favorécese a comunicación, o coñecemento e a creatividade. Ademais, potencia o diálogo do neno ou da nena consigo mesmo e axúdao a conseguir determinadas aprendizaxes escolares...
A educación psicomotriz constitúe a base de numerosas aprendizaxes escolares, favorece o desenvolvemento da percepción temporal e espacial, o desenvolvemento da simbolización e a aprendizaxe da lectoescritura.
Por medio da psicomotricidade preténdese que o alumnado adquira:
  • o coñecemento do propio corpo
  • o dominio do equilibrio
  • o control e a eficacia das coordinacións globais e segmentarias
  • o control da inhibición voluntaria e da respiración
  • a organización do esquema corporal
  • a orientación espacial
  • unha axeitada estruturación espazo-temporal...
Existen moitos conceptos abstractos que os nenos e as nenas deben aprender: as nocións espaciais, as nocións temporais, os cuantificadores, as formas, as figuras xeométricas…, a mellor maneira de aprendelos é, entre outras estratexias, a experiencia e a vivencia co propio corpo.

APRENDAMOS XOGANDO!!!!!

martes, 9 de noviembre de 2010

XOGOS PARA O MAGOSTO

Coa chegada do "San Martiño" e próxima celebración do Magosto, estivemos cantando cancións relacionadas co OUTONO.

  • As abelliñas de San Miguel
As abelliñas de San Miguel,
andan todas a redor do mel,
e de mel e de melacho,
que se vire de costas ( NOME DUN NEN@)

Popular
  • Piñón, piñón.
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
esta roda está ao dereito,
Piñón, piñón ,piñón,
esta roda está ao revés.

Popular
  • Aí vai 1,aí van 2, 3 castañas polo chan...
Aí vai 1,aí van 2,
3 castañas polo chan
unha é miña
outra é túa e outra
e de aquel rapaz.

Popular

XOGOS TRADICIONAIS

A continuación do anterior,coñecimos xogos tradicionais: as súas normas, as variantes...

  • Os bolos
  • O pano
  • O pase misí
  • As catro esquinas
  • As carreiras de sacos
  • O gato e o rato...

Neste enlace podes atopar a descripción dos xogos

http://www.xogospopulares.com/xogos.php

ESTIVEMOS APRENDENDO XOGOS DE TRADICIÓN ORAL

Dende que comezamos o curso estivemos recuperando xogos de tradición oral:
  • Cancións de roda
  • Cancións coas mans
  • Xogos de pilla
  • etc
E para poder xogar debemos de aprender a súas letras.

Na páxina web que se mostra a continuación atoparemos as letras de moitas destas cancións.

ORELLA PENDELLA
Páxina de enlace onde atoparás xogos e cancións tradicionais

Podes escoitar mostras neste enderezo http://www.orellapendella.org/audio