viernes, 20 de abril de 2012

MIRADE CÓMO XOGAMOS!


XA VISTES TODO O MATERIAL QUE TEMOS NA AULA, POIS ASÍ O TRATAMOS:


video

ESTE DÍA OCORREUSENOS DARLLE OUTRO USO AS PELOTAS...



video

E ESTO É CON AROS...

miércoles, 23 de noviembre de 2011

CONSTRUÍMOS!



ESTIVEMOS ENREDANDO COS BLOQUES DE GOMAESPUMA!

FIXEMOS GRANDES CASTELOS, MUROS, CASAS... PERO PARA TODO ISO TIVEMOS QUE COLABORAR ENTRE TODAS E TODOS! 



PROBAMOS A NOSA FORZA!!



E CLARO, 
TAMEN TIVEMOS QUE DESCANSAR!!!


MIRADE TODO O QUE FIXEMOS:

sábado, 5 de noviembre de 2011

ESTÁ CHEGANDO O MAGOSTO!



ESTE ANO VOLVEREMOS CANTAR AS CANCIÓNS DO CURSO PASADO, E APRENDEREMOS ALGUNHA NOVA...



  • As abelliñas de San Miguel
As abelliñas de San Miguel,
andan todas a redor do mel,
e de mel e de melacho,
que se vire de costas ( NOME DUN NEN@)

Popular
  • Piñón, piñón.
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
esta roda está ao dereito,
Piñón, piñón ,piñón,
esta roda está ao revés.

Popular
  • Aí vai 1,aí van 2, 3 castañas polo chan...
Aí vai 1,aí van 2, 
3 castañas polo chan
unha é miña 
outra é túa e outra 
e de aquel rapaz.

Popular

CANTO XOGAMOS!

NESTES DÍAS XA XOGAMOS A MOITAS COUSAS:

CON PELOTAS


CON LADRILLOS DE PLÁSTICO


CON BLOQUES DE GOMA ESPUMA


CO PARACAÍDAS



APRENDEMOS CONTOS E CANCIÓNS.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS VERSIÓNS QUE APARECEN NO YOUTUBE:







PERO HAI MÁIS QUE NON APARECEN...

POLIS E CACOS

A BOMBA

OLA, CHÁMOME CURRO!

...

PACO FIXO UNHA AMIGA!

HAI UNS DÍAS, UN NENO DE 5 ANOS (5A) TROUXO A MARTA, E FÍXOSE AMIGA DE PACO.
ALGÚNS NENOS E NENAS QUERÍAN QUE FOSEN MOZOS, PERO DE MOMENTO SO SE ESTÁN COÑECENDO:

QUEN É PACO?

ESTE É PACO

É A MASCOTA DA AULA DE PSICOMOTRICIDADE
É O QUE NOS DI CÓMO NOS TEMOS QUE COMPORTAR, XOGAR, MOVER...

É UN POUCO DESPISTADO E NON SE ACORDA DE TÓDOLOS NOMES, PERO PARA ISO RECORDÁMOSLLOS TÓDOLOS DÍAS!

CURSO 2011-2012


EN SETEMBRO COMEZAMOS UN NOVO CURSO CON MOITAS GANAS!!

AQUÍ, NESTE BLOG, TENTAREMOS RECOLLER TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE VAN FACENDO EN PSICOMOTRICIDADE!



A PSICOMOTRICIDADE NAS NENAS E NOS NENOS UTILÍZASE DE XEITO COTIÁN, APLÍCANA CORRENDO, SALTANDO, XOGANDO COA PELOTA. 

TENDO EN CONTA ISTO PÓDENSE APLICAR DIVERSOS XOGOS ORIENTADOS A DESENVOLVER A COORDINACIÓN, O EQUILIBRIO E A ORIENTACIÓN DOS DISCENTES, NOCIÓNS ESPACIAIS E DE LATERALIDADE COMO ARRIBA-ABAIXO, DEREITA-ESQUERDA, DIANTE-ATRÁS...

EN SÍNTESE, PODEMOS DICIR QUE A PSICOMOTRICIDADE CONSIDERA AO MOVEMENTO COMO MEDIO DE EXPRESIÓN, DE COMUNICACIÓN E DE RELACIÓN DO SER HUMANO COS DEMAIS

DESEMPEÑA UN PAPEL IMPORTANTE NO DESENVOLVEMENTO HARMÓNICO DA PERSONALIDADE, POSTO QUE O NENO E A NENA NON SÓ DESENVOLVE AS SÚAS HABILIDADES MOTORAS; 
A PSICOMOTRICIDADE PERMÍTELLE INTEGRAR AS INTERACCIÓNS A NIVEL DE PENSAMENTO, EMOCIÓNS E A SÚA SOCIALIZACIÓN.

A TRABALLAR!!!