sábado, 5 de noviembre de 2011

ESTÁ CHEGANDO O MAGOSTO!



ESTE ANO VOLVEREMOS CANTAR AS CANCIÓNS DO CURSO PASADO, E APRENDEREMOS ALGUNHA NOVA...



  • As abelliñas de San Miguel
As abelliñas de San Miguel,
andan todas a redor do mel,
e de mel e de melacho,
que se vire de costas ( NOME DUN NEN@)

Popular
  • Piñón, piñón.
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
Piñón, piñón ,piñón
pirulí,pirulí,piruleiro,
esta roda está ao dereito,
Piñón, piñón ,piñón,
esta roda está ao revés.

Popular
  • Aí vai 1,aí van 2, 3 castañas polo chan...
Aí vai 1,aí van 2, 
3 castañas polo chan
unha é miña 
outra é túa e outra 
e de aquel rapaz.

Popular

2 comentarios:

  1. Esas cancións...tamén soan por Bergondo! Gústanos moito o voso blogue! Nos tamén temos un de Psicomotricidade no que o noso profe, que se chama Ricardo vai ir poñendo as cousas que imos facendo! Un bico enoooooorme para a vosa profe Anabel e para todos os nenos do Milladoiro! Saleta, Bolboretas de Carrio (CRA de Bergondo)

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas por lernos!
    xa imos mirar o voso blogue, a ver se compartimos algunhas experiencias!

    Saúdos!

    ResponderEliminar