miércoles, 24 de noviembre de 2010

QUE TRABALLAMOS EN PSICOMOTRICIDADE?

A psicomotricidade pretende desenvolver, a partir do corpo e do movemento, as posibilidades motrices, expresivas e creativas dos nenos e das nenas.
 Por medio dela, favorécese a comunicación, o coñecemento e a creatividade. Ademais, potencia o diálogo do neno ou da nena consigo mesmo e axúdao a conseguir determinadas aprendizaxes escolares...
A educación psicomotriz constitúe a base de numerosas aprendizaxes escolares, favorece o desenvolvemento da percepción temporal e espacial, o desenvolvemento da simbolización e a aprendizaxe da lectoescritura.
Por medio da psicomotricidade preténdese que o alumnado adquira:
  • o coñecemento do propio corpo
  • o dominio do equilibrio
  • o control e a eficacia das coordinacións globais e segmentarias
  • o control da inhibición voluntaria e da respiración
  • a organización do esquema corporal
  • a orientación espacial
  • unha axeitada estruturación espazo-temporal...
Existen moitos conceptos abstractos que os nenos e as nenas deben aprender: as nocións espaciais, as nocións temporais, os cuantificadores, as formas, as figuras xeométricas…, a mellor maneira de aprendelos é, entre outras estratexias, a experiencia e a vivencia co propio corpo.

APRENDAMOS XOGANDO!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario